Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lorena Patiño e Miguel Rodríguez, na lista de España para o Mundial de Ciclocrós de Liévin

23 DE ENERO DE 2025

A carreira júnior feminina e a sub-23 masculina dispútanse o sábado 1 de febreiro

Lorena-Patino-e-Miguel-Rodriguez-na-lista-de-Espana-para-o-Mundial-de-Ciclocros-de-Lievin

Dous campións de España da nosa comunidade estarán no Mundial de Ciclocrós que se celebrará na localidade francesa de Liévin do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro. A júnior Lorena Patiño (XSM) e o sub-23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) forman parte da convocatoria de quince ciclistas confeccionada por Javier Ruiz de Larrinaga, o novo seleccionador español de CX. As dúas carreiras individuais con representación galega disputaranse o sábado.

A competición no circuíto galo arrancará o venres co Team Relay. Ao día seguinte, a categoría júnior feminina loitará pola camisola do arco da vella a partir das 11:00 horas. A marinense Lorena Patiño, décima no Europeo de Pontevedra desta temporada e oitava o pasado domingo na Copa do Mundo de Benidorm, logrou hai un ano a 24ª praza na súa estrea nun Mundial de Ciclocrós. As cores da selección española tamén as defenderán nesta proba as vascas Irati Aranguren e Maier Olano. 

A seguinte carreira será a sub-23 masculina, dende as 13:00 h. O ponteareán Miguel Rodríguez, sétimo esta campaña no Campionato de Europa, sumará a súa terceira participación mundialista: no 2022 rematou 24º en Fayetteville (Estados Unidos) e o ano pasado mellorou ese resultado en Tábor (República Checa) ao acadar a 21ª posición. Na súa despedida da categoría compartirá grella de saída co seu compañeiro de equipo Raúl Mira, ciclocrosista valenciano. 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es