Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia

08 DE MARZO DE 2022

A primeira edición do evento celebrado no Polígono da Matela reuniu a 79 participantes

Outeiro-de-Rei-reactiva-o-Trial-Bici-en-Galicia-

A provincia de Lugo incorporouse este domingo oficialmente ao mapa do Trial Bici. Por primeira vez na historia celebrouse unha proba desta modalidade ciclista en terras lucenses. O Trofeo Trial Bici Outeiro de Rei estreouse no calendario da FCG con 79 participantes e un éxito organizativo. 

O evento impulsado polo Trial Bici Coruña e o Team Bike Outeiro de Rei tivo como escenario o Polígono da Matela. Cinco anos e medio despois da última proba desta modalidade disputada en Galicia, en novembro do 2016 no Rosal, as e os pilotos volveron ter a oportunidade de competir na nosa comunidade. Ademais dunha importante representación dos clubs autonómicos, ata Outeiro de Rei achegáronse equipos procedentes de Asturias, Madrid e Portugal.

A categoría raíña, a elite masculina, tivo como gañador a un piloto do Principado. Javier Alonso (BikeTrial Gijón) subiu ao máis alto do podio e estivo escoltado por Marcos Fernández (Pontebike Team) e Sergio Hernández (BikeTrial Gijón), segundo e terceiro respectivamente. Nos outros grupos de idade de adultos impuxéronse Daniel Sousa nos máster-30 e Serafín Albedro nos máster-40. 

O groso da participación reuniuse nas categorías de base. Mención especial merece a inscrición que se rexistrou en Promesas, coa vitoria de Nikita Alonso nas rapazas e de Francisco Solorzano (Trial Bici Coruña) nos rapaces, e en Principiantes, grupo de idade que se adxudicou Óscar Blanco (BikeTrial Gijón). A alevín Ainoa Bermúdez (Trial Bici Coruña), o alevín Diego Turbón (BikeTrial Gijón), o infantil Juan Moreno (Trial Zona Centro), o cadete Fernando Solorzano (Trial Bici Coruña) e o júnior Miguel Rivero tamén inscribiron o seu nome na nómina de vencedoras e vencedores da primeira edición deste trofeo.

Clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
Outeiro de Rei reactiva o Trial Bici en Galicia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es