Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Trial Bici regresou a Galicia décadas despois no Rosal

18 DE NOVIEMBRE DE 2016

O Trial Bici regresou a Galicia décadas despois no Rosal

O-Trial-Bici-regresou-a-Galicia-decadas-despois-no-Rosal

A primeira edición do Trial Bici Concello do Rosal marcou o regreso desta especialidade a Galicia, onde non se practicaba de xeito oficial dende os anos 80. A proba organizada polo Club Ciclista Bici Verde e o Stonebike Club Biketrial Galicia contou con cinco zonas físicamente duras e moi ben valoradas polos expertos chegados dende Béjar, Madrid, Segovia e Portugal.

Os participantes dispoñían de 2 minutos e medio para finalizar a zona e tres horas para completar as cinco zonas con tres voltas a todas elas, é dicir, cada zona realizábana tres veces.A proba foi tipo OPEN, polo que as categorías dividíronse por nivel de dificultade e non por idade.
O segoviano Borja Conejos (Trial Zona), de tan so 16 anos, foi o vencedor en Expert, a proba raíña, con 21 pés no chan. O segundo, o madrileño Antonio Fraile (Trial Zona), de 14 anos, fixo un total de 32 pés, e o terceiro foi o bejarano Iván Izquierdo (Out Zone), xa de idade adulta, con 51 pés. A cuarta e quinta praza ocupárona os irmáns portugueses Joao e Daniel Sousa (Trial Portugal).
En categoría Master o gañador con 60 pés foi o piloto rosaleiro Matías Martinez (Stone Bike - Bici Verde), seguido de Jorge Ferreira e Joao Gomes, ambos do Sopedal.com.
Na categoría Avanzados o triunfo levouno Pedro Gonzalo, tamén do Stone Bike-Bici Verde, que acumulou 34 pés. Segundo rematou o seu compañeiro de equipo Marcos Fernandez e terceiro Luis Araujo (Trial Portugal).
Por último, na categoría Medio, Diego Barreiro (Stone Bike - Bici Verde) e na Iniciación Lucas Lamagrande (Out Zone) adxudicáronse as vitorias.

Na entrega de premios estivo presente o concelleiro de Deportes do Rosal.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es