28 DE JUNIO DE 2022
Cita histórica para o ciclismo galego a vivida esta fin de semana en Cartagena. Por primeira vez Galicia participou como Selección nun Campionato de España de Trial. Unha experiencia que permitiu a tres representantes do combinado autonómico competir e aprender xunto a pilotos de talla mundial.
A expedición da Selección de Breogán deuse unha boa malleira na estrada acumulando máis de 4.000 quilómetros dende o xoves ata o domingo. O campionato disputouse no Polígono Industrial de Los Camachos, nun circuíto ideado polo Club Trial Bici Cartagena para espremer a resistencia e cualidades técnicas. "As zonas eran bastantes complicadas", sinala o elite Marcos Fernández, que na categoría 20" rematou décimo e "bastante contento, aínda que contaba con facer un par de pasos máis. Agora toca seguir adestrando".
Os outros dous pilotos do conxunto autonómico participaron na proba Infantil. Samuel Gascón, 17º clasificado, valorou o seu debut destacando "as boas sensacións e que aprendemos bastante nun terreo esvaradío e con obstáculos difíciles". Unha opinión sobre o circuíto compartida por Lucas Blanco, 18º na táboa final, que tamén subliña "o alto nivel" dos rivais e "a intensa calor" coa que tiveron que competir en terras murcianas.
A estrea da Selección no evento anual máis importante do trial español encádrase na aposta da Federación Ciclismo Galego por fomentar a práctica de todas as modalidades e apoiar aos clubs que promoven aquelas con menos tradición na nosa comunidade.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es