Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A júnior Alba Fernández anótase a Copa de España de Pump Track na última xornada

11 DE OCTUBRE DE 2023

Iván García, tamén do Pontebike, conseguiu a segunda posición sub23 en Agost

A-junior-Alba-Fernandez-anotase-a-Copa-de-Espana-de-Pump-Track-na-ultima-xornada

O calendario da Copa de España de Pump Track pechouse o pasado domingo na localidade alacantina de Agost cunha galega recibindo unha das camisolas de líderes finais. A júnior Alba Fernández (Pontebike) venceu na terceira e última xornada do circuíto estatal, un triunfo que lle permitiu asaltar o primeiro posto da xeral da súa categoría. O seu equipo conseguiu outro posto no caixón por medio de Iván García, segundo sub23, e a colleita de podios para a nosa comunidade completouna Daniel Fernández (Farto), terceiro en Promesas 7 e 8. 

A dúas semanas da celebración do Campionato de España, a xuvenil Alba Fernández xogouse a vitoria no G.P. Liga LBR Agost e na xeral da Copa nun man a man coa andaluza Inés Chinchilla. A representante do equipo de Ponteareas detivo o cronómetro en 20 segundos e 477 milésimas, rebaixando en case 2" o mellor tempo da rider do The AJ46. Ao ser as dúas primeiras juniors que participaban nesta edición do certame coordinado pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), a galega levouse o título. 

Tamén debutou na Copa 2023 o sub23 Iván García, logrando un rexistro de 18,544". Dentro do seu grupo de idade só bateu esa marca o piloto que asinou o scratch do evento, o aragonés Esteban Abad (BMX School), primeiro na táboa absoluta cun 'crono' de d17,654". Pola súa banda, Daniel Fernández subiu ao podio por partida dobre na competición para rapaces de 7 e 8 anos: terceiro no pump track alacantino e segundo na xeral do certame. 

imagen

Esta especialidade despedirá a temporada o 22 de outubro en Fraga (Huesca) co seu Campionato de España, cita á que acudirá por primeira vez a Selección de Galicia. 

Máis información 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

A júnior Alba Fernández anótase a Copa de España de Pump Track na última xornada
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es