Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marco Veiga resiste en Puntallana ao mando da xeral elite da Copa de España de Enduro

23 DE ABRIL DE 2024

O naronés rematou segundo, mesmo resultado obtido polo novo líder máster-40 Pedro Dapena. David Fernández segue á fronte dos sub-23

Marco-Veiga-resiste-en-Puntallana-ao-mando-da-xeral-elite-da-Copa-de-Espana-de-Enduro

A Copa de España de Enduro atravesou esta fin de semana o ecuador do seu calendario nas Illas Canarias coa presenza de cinco especialistas da nosa comunidade no Enduro Puntallana e tres deles regresaron da Illa da Palma vestidos de líderes. Marco Veiga (CiclosQuintena), segundo na clasificación elite e na absoluta, e o sub-23 David Fernández (Avanza-O Porriño) mantivéronse á fronte das xerais das súas categorías. Pola súa banda, Pedro Dapena (CiclosQuintena) asaltou o primeiro posto do ranking máster-40.

Quince días despois do Endurrazo, Marco Veiga repetiu resultado en territorio insular. O naronés rematou segundo, nesta ocasión por detrás de Edgar Carballo. O canario do Vadebicis asinou o mellor tempo no primeiro e no terceiro treito, mentres que o rider do CiclosQuintena apuntouse o segundo e o cuarto. Neste man a man pola vitoria absoluta, 12 segundos marcaron a diferenza a prol do corredor que competía na súa comunidade autónoma. A falta de dúas xornadas puntuables, o elite galego conta con 42 puntos de vantaxe na xeral respecto ao gañador en Puntallana.

Entres os sub-23, David Fernández deu un paso de xigante para conquistar o ranking da súa categoría o vindeiro 19 de maio na Montefaro Enduro Race, evento no que finalizará este certame. O cuarto posto do corredor do Avanza-O Porriño na Illa da Palma aumenta a 136 puntos a súa vantaxe como líder.

A camisola da Copa de España tamén a defenderá o 5 de maio en Arfa (Lleida) o máster-40 Pedro Dapena. Os 175 puntos sumados na cita canaria permítenlle superar por 15 ao vasco Endika Arizmendiarreta (Arauntza Riders), terceiro nesta proba. A vitoria neste grupo de idade foi para Moisés Díaz (Vadebicis), 5" máis rápido que o representante do CiclosQuintena. A participación galega completárona os máster-50 Jose Ernesto Camesella e Santiago Alonso, ambos do Monteboi Bike, cuarto e oitavo respectivamente. 

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es