Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira

29 DE ABRIL DE 2024

A Copa Galicia XCO recuperou un circuíto histórico na súa terceira xornada

Irene-Trabazo-e-Ruben-Deano-imponense-no-rexurdir-de-Samieira

Fotos: Luz Iglesias

O Club Ciclista Samieira renaceu o pasado inverno no concello de Poio e entre os seus obxectivos marcouse o de recuperar un dos circuítos históricos do Cross Country Olímpico galego. Ese reto fíxose realidade este sábado na terceira xornada da Copa Galicia XCO. O esixente trazado, no que se comezaron a disputar carreiras en 1992, rexurdiu nunha tarde na que Rubén Deaño (Ourense Termal) e Irene Trabazo (XSM) impuxéronse con autoridade nas carreiras elite e sub-23.

Despois dunha fin de semana de descanso, o certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) comezou a súa fase máis intensa da temporada: cinco probas nun mes. Para a cita de Samieira inscribíronse 223 bikers e o clásico percorrido poiense esixiu, sobre todo, dúas cualidades. Este escenario obriga a ter boas pernas para afrontar as subidas por pistas e a dominar a bicicleta para baixar entre pedras. 

Segundo nas dúas primeiras xornadas da Copa, Rubén Deaño logrou o seu primeiro triunfo do curso. Fíxoo lucíndoo a camisola de líder Elite e con máis de 2 minutos de vantaxe sobre Jorge Punzón (Cosmos). Alberto Pedreira (Bici Verde) rematou terceiro e outros dous elites completaron o top-5, Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño) -cuarto- e Iván Pereira (Xesteiras) -quinto-. David Fernández, o primeiro sub-23, cruzou a liña de meta na sétima posición.

imagen

As vitorias nas outras categorías masculinas conquistáronas Guillermo García (Avanza-O Porriño) nos infantís, Lois Gómez (Avanza-O Porriño) nos cadetes, Adrián Caamaño (Caimanes Betanzos) nos juniors, Manuel Ángel Parada (Xesteiras) nos máster-30, Jorge Aguín (Moto Bike) nos máster-40, Antonio Rodríguez (Ourense Termal) nos máster-50 e Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) nos máster-60. 

A carreira Elite-Sub23 feminina tivo como dúas primeiras clasificadas a corredoras que este ano aínda non participaran na Copa Galicia XCO. Irene Trabazo venceu con 3' de marxe respecto á tamén elite Carla Fernández (QuéBici-Marcisport), que se levou por 24" o duelo coa gañadora sub-23 Sarela Conde (Academia Postal - Maceda). Raquel Román (Bici Verde) ocupou a cuarta praza e a líder sub-23 Sofía Álvarez (Cambre), a quinta. 

Ao podio de Samieira tamén subiron, como triunfadoras nas súas probas, a infantil Marta Utrera (Armenteira e Punto) , a cadete Lara Pita (Cambre), a júnior Marta Estévez (XSM) e a máster-40 Silvia García (Bici Verde). 

Os resultados no concello de Poio provocaron cinco cambios no máis alto das xerais. A elite Irene Trabazo, o sub-23 Martín Sestelo (Avanza - O Porriño), a júnior Marta Estévez, o júnior Adrián Caamaño e o cadete Lucas Lozano (XSM) vestíronse de líderes. No resto de categorías continúan ao mando Marta Utrera e Guillermo García en Infantil; Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) nas cadetes; Sofía Álvarez nas sub-23; Rubén Deaño nos elites; Samuel Baña (Xesteiras) nos máster-30; Silvia García e Jorge Aguín en Máster-40; Antonio Rodríguez nos máster-50 e Manuel Bugallo nos máster-60.

imagen

Seguindo na provincia de Pontevedra, a seguinte parada da Copa Galicia será o vindeiro domingo en Ribadumia. Toda a información deste certame pode seguirse no seu apartado web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO24.

 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
Irene Trabazo e Rubén Deaño impóñense no rexurdir de Samieira
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es