Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marco Veiga lidera a actuación galega no arranque da Copa de España de Enduro

19 DE MARZO DE 2025

O elite do Ciclos Quintena clasificouse terceiro na Reino de los Mallos

Marco-Veiga-lidera-a-actuacion-galega-no-arranque-da-Copa-de-Espana-de-Enduro

O calendario da Copa de España de Enduro presenta este ano dúas citas en Galicia, Monte Castelo e Montefaro, e a proba inaguural tivo como escenario durante a pasada fin de semana a localidade oscense de Riglos. Os principais especialistas da nosa comunidade competiron na Reino de los Mallos Enduro MTB Race e o mellor resultado galego o vixente campión autonómico. Marco Veiga (Ciclos Quintena) obtivo a terceira praza na clasificación absoluta e na elite.

O naronés quedou a medio minuto do rider máis rápido nos catro treitos cronometrados. O aragonés Gabriel Torralba (OB Racing) logrou a vitoria por 17 segundos de vantaxe respecto ao valenciano Borja Pérez (Eagle Patrol). A pugna pola terceira praza do podio estivo moi igualada, con Veiga batendo por 1 segundo ao canario Édgar Carballo (Vadebicis), actual campión de España elite. 

imagen

O segundo galego na táboa absoluta foi André Martínez (Avanza - O Porriño), décimo terceiro entre todos os participantes e quinto na categoría sub-23. A terceira mellor actuación do noso enduro correspondeu a Mauro González (Salvaterra), que ocupou o décimo oitavo posto e o terceiro chanzo no caixón máster-30, un grupo de idade no que a cuarta praza correspondeu a Santos Lemos (Grupeta Pan de Zarko).

Dentro do top-10 das súas categorías tamén entraron o júnior Leo Álvarez (Pulpeiros) -quinto-, o elite David Fernández (Avanza-O Porriño) -noveno-, e o máster-50 José Ernesto Camesella (Monteboi Bike) -noveno-. 

O segundo dos cinco eventos da Copa de España de Enduro 2025 disputarase este domingo en Bítem (Tarragona).

Máis información 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es