Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea

05 DE SEPTIEMBRE DE 2023

Máis de 200 ciclistas -entre eles Carlos Canal, Delio Fernández, Iván Montero e Ángel Sánchez- percorreron as comarcas ourensás de Terras de Trives e Caldelas

A-Manzaneda-Gran-Fondo-rodou-explorou-e-desfrutou-na-sua-estrea

O bautizo da Manzaneda Gran Fondo representou  o pasado domingo a esencia do cicloturismo. Os máis de 200 participantes na marcha organizada pola Federación Ciclismo Galego aproveitaron as paisaxes únicas que ofrecen as comarcas ourensás de Terra de Trives e Caldelas para rodar, explorar e desfrutar dándolle aos pedais. Unha xornada inesquecible de bicicleta para dar a benvida a un evento que chegou para quedarse. 

A Estación de Montaña de Manzaneda, co seu director Víctor Picos á fronte, exerceu de anfitrioa durante toda a fin de semana e como punto de saída e chegada o domingo para os dous percorridos. O pelotón, do máis heteroxéneo con ciclistas de todas as idades, contou coa presenza de catro corredores da nosa comunidade que compiten ao máis alto nivel. Os profesionais de estrada Carlos Canal (Euskaltel Euskadi), Delio Fernánez (Tavira) e Ángel Sánchez (Mortágua), e o handbiker internacional Iván Montero (Paraciclismo Galicia) formaron un póker de padriños de luxo. 

imagen

O tempo respectou para que a dureza que presentaban os 128 quilómetros do Gran Fondo e os 88 km do Medio Fondo se limitara ás dificultades do terreo. Poñer en valor a zona oriental da provincia de Ourense era un dos principais obxectivos desta iniciativa. Para dar a coñecer os seus atractivos turísticos, transitouse polos concellos de Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Montederramo e Chandrexa de Queixa. A Garda Civil de Tráfico e Protección Civil velaron pola seguridade dos participantes e Bicimecánica Toñi Porto de arranxar as avarías mecánicas. Afortunadamente non houbo que lamentar incidentes. 

Tres portos

O pelotón rodou á velocidade marcada pola organización excepto no tramo final cronometrado. O primeiro porto de montaña era o Alto de Cerdeira e antes de iniciar o segundo, a subida ao Suspiazo, realizouse unha parada en Montederramo. Os ciclistas tamén botaron pé a terra en Chandrexa de Queixa para recuperar enerxías no avituallamento e a continuación as dúas rutas separaron os seus camiños para volver compartir itinerario nos últimos 7 km da subida a Cabeza de Manzaneda. 

Nas ramplas que teñen vivido grandes batallas deportivas na Vuelta España e na Volta Galicia, cada participante puido comprobar o seu estado de forma. A organización cronometrou os tempos da ascensión, pero a Manzaneda Gran Fondo non é competición, senon cicloturismo e por iso os premios que se entregaron na clausura do evento non tiveron que ver coa orde de chegada á liña de meta. Carlos Canal recibiu de mans de Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego, un agasallo como dorsal número 1 e tamén houbo distincións para a corredora e o corredor de máis idade, os máis novos e o club federado con máis representantes, que correspondeu á Peña Ciclista Monte Xalo. 

imagen

A primeira edición desta marcha pechouse con satisfacción xeral e dende a organización quere agradecerse especialmente a colaboración dos concellos de Manzaneda, Montederramo e Chandrexa de Queixa, da Estación de Montaña de Manzaneda, dos patrocinadores Ottobosley, Toyota Compostela Móvil e Victory Endurance, así como o traballo realizado polas entidades que se encargaron da seguridade e os voluntarios. Grazas a todos estes apoios o Ciclismo Galego e a provincia de Ourense contan cun novo evento que incrementa a oferta deportiva, turística e de lecer.  

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
A Manzaneda Gran Fondo rodou, explorou e desfrutou na súa estrea
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es