Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cancelación definitiva da Manzaneda Gran Fondo

21 DE MAYO DE 2024

A segunda edición desta marcha cicloturista non se celebrará no 2024

Cancelacion-definitiva-da-Manzaneda-Gran-Fondo

O mal tempo obrigou o pasado 28 de abril a adiar a marcha cicloturista Manzaneda Gran Fondo e esa cancelación convértese agora en definitiva. A imposibilidade de atopar un oco no calendario leva á Federación Ciclismo Galego (FCG) a declinar a opción de celebrar a súa segunda edición no que resta do 2024. Os cartos das inscricións devolveranse de xeito inmediato. 

A organización deste evento expresa as súas desculpas pola demora en adoptar esta resolución e que se debeu ao intento de buscar unha data alternativa. Finalmente, resultou inviable por un cúmulo de circunstancias como son a falta de espazo dispoñible no calendario FCG, no da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e no de eventos de promoción da Estación de Montaña de Manzaneda.  

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es