Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Curso Online de Director Deportivo Nivel 2

08 DE ABRIL DE 2022

Do 18 de abril ao 13 de maio

Curso-Online-de-Director-Deportivo-Nivel-2

A Federación Ciclismo Galego (FCG), en colaboración coa Escuela Nacional de Entrenadores, organiza do 18 de abril ao 13 de maio o Curso de Director Deportivo Nivel 2. As sesións impartiranse de forma online a través da plataforma GoToMeeting

O Programa desta iniciativa formativa organízase en dous bloques:

-Bloque Común: Bases do Comportamento Deportivo, Marketing-RRSS, Bases Biolóxicas, Nutrición Deportiva, Adestramento Deportivo, Primeiros Auxilios e Desenrolo Profesional.

-Bloque Específico: Adestramento Específico, Biomecánica, Regulamentos Ciclismo II e Formación Técnico-Táctica. 

Inscrición e Matrícula

O prezo do curso é de 340 euros para Federados e de 400 para Non Federados. A participación está aberta a todas as persoas que dispoñan da titulación de Nivel 1. 

Os graduados, diplomados ou licenciados en Educación Física, TAFAD ou Ciencias da Actividade Física e do Deporte poden acceder á realización do Curso de Nivel 2 se teñen convalidado o bloque común. Terán un desconto sobre o custo total do curso, polo que pagarán 300 euros os federados, e 360 euros os non federados.

No prezo total do curso inclúese a expedición do título da Federación Ciclismo Galego. O prazo para anotarse finaliza o luns 18 de abril ás 14:00 horas. 

Fai click neste enlace para inscribirte 

 

Achégase documento con toda a información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es