08 DE JUNIO DE 2022
En plena conta atrás para a disputa dos campionatos de España de Estrada 2022, tanto de Juniors como de Sub23, a Selección de Galicia preparou durante a fin de semana as citas que terán lugar a finais deste mes. Jacobo Ucha, máximo responsable técnico destes dous combinados masculinos, dirixiu unha dobre sesión de adestramento na que os convocados percorreron a comarca do Condado, a da Paradanta e a Serra do Suído. Unha posta a punto no sur da comunidade.
A primeira xornada dedicouse en exclusiva aos sub23, cos ciclista acumulando102 quilómetros e 1.255 metros de desnivel positivo nas súas pernas rodando polos concellos de Mondariz, Fornelos de Montes, A Lama... Un adestramento en grupo deseñado para practicar o traballo en equipo, subidas, esprints e, ao mesmo tempo, comprobar o estado de forma e a evolución dos corredores O seu campionato celebrarase o 24 e o 25 de xuño en Mallorca.
Ao día seguinte, o domingo, sumáronse os juniors, categoría que ten fixados os seus campionatos estatais para o 30 de xuño e o 3 de xullo en Valladolid. Antes de que os xuvenís e os sub23 comezaran a darlle aos pedais nun único pelotón, fotografáronse nas instalación do Hotel CEMAR, en Mondariz-Balneario. A ruta desta xorna transcorreu por Mondariz, Covelo, A Cañiza, Melón, Avión e volta por Covelo e Mondariz para finalizar en Mondariz-Balneario. En total, 113 km e 2.480 metros de desnivel positivo acumulado.
FORMACIÓN
EVENTOS
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es