06 DE DICIEMBRE DE 2022
A Federación Ciclismo Galego (FCG) aumenta a súa oferta formativa para as vindeiras semanas. Ao Curso de Monitor de Escolas de Ciclismo e aos de Director Deportivo Nivel I e II engádese o de Auxiliar de Ciclismo. Este último celebrarase en formato presencial o 7 de xaneiro na Casa do Deporte de Vigo.
Aos aspirantes a auxiliares agárdalles unha intensa xornada no primeiro sábado do 2023. A sesión matinal, de 10:00 horas a 14:00, estará dedicada á formación teórica e pola tarde, de 16:00 h. a 20:00, será a quenda dos exercicios prácticos. O curso contará coa presenza de dous recoñecidos profesores: Emilio de la Campa, auxiliar e fisioterapeuta do equipo profesional MMR Factory Racing Team, impartirá os contidos específicos de BTT e Héctor Angueira, auxiliar e masaxista do conxunto profesional de estrada Caja Rural Seguros RGA, encargarase da parte de Estrada.
O prazo para apuntarse xa está aberto e conclúe o 4 de xaneiro. O prezo da inscrición é de 80 euros para Federados e de 95 euros para Non Federados. Fai click nesta ligazón para anotarte.
As alumnas e os alumnos que superen o curso entrarán nunha bolsa de traballo da FCG para as actividades que a federación autonómica realizará ao longo do vindeiro ano.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es