16 DE JUNIO DE 2023
Unha vintena de rapazas e rapaces da categoría Infantil de Estrada están citados para asistir este domingo, 18 de xuño, á Xornada de Tecnificación FCG que terá lugar no municipio pontevedrés do Rosal. Unha semana despois da convivencia Infantil de BTT en Poio, aplicarase un formato semellante, pero sobre o asfalto no Baixo Miño. Os obxectivos da Federación Ciclismo Galego volven ser crear vínculos entre os corredores, facer un seguemento dos mesmos e traballar na súa formación ciclista en todos os aspectos, non só sobre a bicicleta.
Jacobo Ucha, técnico e seleccionador de Estrada da FCG, dirixirá esta xornada que arrancará ás 10:30 horas na Pista das Faias. Tras ofrecer unhas pautas sobre o programa que se vai seguir ao longo do día, as corredoras e os corredores comezarán a pedalear. O adestramento terá unha duración que roldará as dúas horas. O paso pola ducha e o xantar en grupo servirán para poñerse a punto de cara á charla técnica da tarde. A convivencia finalizará sobre as 17:00 horas.
Por terceiro ano consecutivo estas concentracións dun día para ciclistas infantís efectúanse na conta atrás de cara aos Campionatos de España Escolares. A gran cita anual a nivel estatal para esta categoría, tanto en Estrada como en BTT, celebrarase do 29 de xuño ao 2 de xullo en Cartagena (Región de Murcia).
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es