04 DE OCTUBRE DE 2023
Foto: Robus Pazos Santos / Francisco Miguens
O flamante Pump Track municipal de Vilagarcía inaugurado a pasada primavera acollerá este domingo, día 8 de outubro, unha Xornada Formativa FCG. Baixo a dirección de Eva Castro, seleccionadora de Galicia das especialidades gravity, dezaseis riders prepararán na pista arousá o Campionato de España de Pump Track que se disputará o vindeiro 22 de outubro en Fraga (Huesca). Este ensaio xeral comezará ás 10:00 horas e rematará ao redor das 14:00.
O plan de traballo a seguir nas instalacións cedidas polo concello vilagarcián combinará actividades téoricas e prácticas. Realizaranse exercicios para pulir aspectos técnicos e efectuaranse tomas de tempos. Deste xeito, o combinado da Federación Ciclismo Galego porase a punto para a que será a súa estrea como Selección no Campionato de España de Pump Track.
Esta especialidade atópase en pleno auxe na nosa comunidade, despois de celebrar este ano a primeira edición tanto da súa Copa como do seu Campionato de Galicia, e este domingo chega a un concello que está apostando pola bicicleta. Á construcción do Pump Track en A Florida e á potenciación nos últimos anos da súa rede de ciclovías hai que engadir o éxito acadado o pasado mes de setembro por Martín Rey na Volta a Galicia. O gañador da rolda autonómica elite-sub23 foi homenaxeado esta semana polo seu Concello. O alcalde Alberto Varela e o resto de membros da corporación municipal brindaron ao ciclista do Padronés-Cortizo unha agarimosa recepción oficial.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es