13 DE JUNIO DE 2024
A Copa Galicia de Cross Country Olímpico 2024 conclúe este sábado co XaxanBike nun circuíto que as promesas masculina do noso XCO percorrerán por segunda fin de semana consecutivo. Alí tivo lugar o pasado domingo a Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) para os corredores masculinos da especialidade olímpica do BTT. Os infantís, cadetes e xuvenís adestráronse e formáronse en Marín.
A activididade dirixida por Alberto del Río, técnico e seleccionador da FCG, celebrouse unha semana despois da dedicada ás bikers das mesmas categorías en Moaña. De novo na península do Morrazo, púxose especial atención en pulir aspectos técnicos. Máis dunha vintena de corredores participaron nesta convivencia que tamén serviu para estreitar lazos e avaliar o estado de forma dos candidatos a representar á Selección de Galicia no Campionato de España que se disputará a mediados do vindeiro mes na provincia de Huelva.
As Xornadas da Tecnificación son unha iniciativa da FCG para traballar coa canteira do noso deporte. A vindeira cita chegará este domingo no Porriño e terá como protagonista ao pelotón infantil de Estrada.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es