05 DE DICIEMBRE DE 2020
A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión o calendario 2021 da Copa de España de Ciclismo Adaptado de estrada e a localidade lucense de Viveiro consolídase como unha das súas sedes. O vindeiro 19 de xuño celebrarase na capital da Mariña Occidental a segunda edición da proba que se estreou no 2019 e que este ano non se puido disputar por mor da pandemia. O evento organizado polo Club Ciclista Viveiro será a quinta xornada do circuíto estatal.
O calendario completo é o seguinte:
14 de marzo - COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO "G.P. VI CENTENARIO DE CIUDAD REAL" – Ciudad Real
10 de abril - COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO CUEVAS DEL ALMANZORA 2021 CRI – Cuevas de Almanzora, Almería
11 de abril - COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO CUEVAS DEL ALMANZORA 2021 – Cuevas del Almanzora, Almería
24 de abril - COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO "4º GRAN PREMIO CIUDAD DE BADAJOZ" – Badajoz
19 de xuño - II COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO – Viveiro, Lugo
11 de xullo – COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO. TROFEO CIUDAD DE TARANCÓN – Tarancón, Cuenca
2 de outubro - III GRAN PREMIO DE VALENCIA – Circuito Ricardo Tormo, Valencia
16 de outubro – COPA DE ESPAÑA CICLISMO ADAPTADO MAZARRÓN – Mazarrón, Murcia
17 de outubro – COPA DE ESPAÑA CICLISMO ADAPTADO-AGUILAS – Totana, Murcia
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLISMO ADAPTADO
FORMACIÓN
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es