Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos viaxa coa selección española á Copa do Mundo de Paraciclismo en Maniago

14 DE MAYO DE 2025

O corredor coruñés competirá venres e domingo en Italia

Damian-Ramos-viaxa-coa-seleccion-espanola-a-Copa-do-Mundo-de-Paraciclismo-en-Maniago

Foto: Martine

Segundo asalto da temporada na Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico. Despois de que Ostende (Bélxica) abrira o calendario a finais de abril, a localidade italiana de Maniago repite un ano máis como escenario do certame da Unión Ciclista Internacional (UCI). Ao evento que se celebra dende este xoves, día 15, ata o domingo, a selección española despraza a 17 paraciclistas e da convocatoria confeccionada pola seleccionadora Begoña Luis Pérez forma parte Damián Ramos. 

O gañador a pasada campaña da xeral da Copa do Mundo na clase 4 de bicicleta adaptada competirá o venres na contra o reloxo individual e o domingo na carreira de fondo. O corredor coruñés do Lasal Cocinas - Craega chega á rexión de Friul-Venecia Julia logo de asinar un sexto e un sétimo posto en terras belgas. A maioría de paraciclistas que representarán a España en Maniago competirán a vindeira semana no campionato estatal que terá como sede o municipio lucense de Friol. 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es