Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa de España de Estrada de Ciclismo Paralímpico pecharase cunha dobre cita na Laracha

08 DE FEBRERO DE 2024

O concello coruñés acollerá as dúas últimas xornadas o 8 e o 9 de xuño

A-Copa-de-Espana-de-Estrada-de-Ciclismo-Paralimpico-pecharase-cunha-dobre-cita-na-Laracha

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última xuntanza o calendario da Copa de España de Estrada de Ciclismo Paralímpico e as dúas últimas xornadas disputaranse no mesmo concello da provincia da Coruña. Despois de estrearse o ano pasado no calendario estatal, A Laracha repite e faino por partida dobre. O 8 de xuño celebrarase o Gran Premio de Vilaño e ao día seguinte o Gran Premio de Caión.

O Club Ciclista Riazor organiza estes dous eventos cos que se pecha unha competición que constará de cinco citas puntuables e arranca o 7 de abril en Ponferrada. A outra sede desta Copa de España será Ceutí (Murcia) o 27 e o 28 de abril. No 2023 o Gran Premio Adro de Vilaño tamén coroou no seu bautizo ás gañadoras e aos gañadores definitivos das clasificacións xerais. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es