23 DE ABRIL DE 2024
Fotos: RFEC
A localidade murciana de Ceutí acolleu durante a fin de semana a segunda e a terceira xornada da Copa de España de Ciclismo Paralímpico. A terceira edición do Gran Premio Gestiona VBiciobike dividiuse nunha contra o reloxo o sábado e unha proba en liña o domingo. Dúas citas puntuables para o certame estatal nas que o paraciclismo galego conseguiu un posto de podio.
Óscar López (Neuroimpulse-Galicia) finalizou terceiro na carreira da clase 3 de bicicleta adaptada. O representante do conxunto coruñés e Carlos Perona (Para-Sport Andalucía) escoltaron a Adrián Planells (Santa Margalida), gañador cunha volta de vantaxe nun circuíto de 3 quilómetros con varias subidas e baixadas. O corredor galego quedara cuarto na CRI de 17 km da véspera e os puntos sumados en Ceutí permítenlle continuar terceiro na xeral da Copa de España.
Os resultados do resto de paraciclistas da nosa comunidade foron os seguintes: Alberto Abalde (Neuroimpulse-Galicia) fixo quinto os dous días en C2, Javier Abalde (Neuroimpulse-Galicia) asinou un dobre sétimo posto en C5 e nesa mesa clase Jose Antonio Bugarín (Lasal Cocinas - Craega) obtivo a oitava praza na 'crono' e a sexta na carreira.
Malia non competir esta fin de semana na Región de Murcia, Iván Montero (Neuroimpulse-Galicia) continúa como líder das handbikes de clase 5. Á Copa de España 2024 do ciclismo adaptado só lle restan as dúas xornadas organizadas polo Club Ciclista Riazor na Laracha, o 8 e o 9 de xuño.
CICLISMO ADAPTADO
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
EVENTOS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es