02 DE JUNIO DE 2020
Dende a Secretaría xeral para o Deporte recórdase que se inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN).
O mércores 23 de maio de 2018 foi publicada no Diario oficial de Galicia, DOG, a Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.
As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática
No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial os interesados deberán aportar o ANEXO I. (solicitude) cuberto e asinado polo solicitante ou polo seu titor se é menor de idade e o ANEXO II, (Certificación dos datos da federación deportiva).
Máis información na páxina web de Deporte Galego
AVISOS
FORMACIÓN
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es