Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia iniciará a campaña de licenzas 2021 o martes 22 de decembro

15 DE DICIEMBRE DE 2020

Por primeira vez, a Licenza Federativa será 100% dixital

Galicia-iniciara-a-campana-de-licenzas-2021-o-martes-22-de-decembro

A vindeira semana, o martes día 22, arrancará a campaña de licenzas 2021 en Galicia. En cumprimentos dos Estatutos da Federación Galega de Ciclismo (art. 4.6), a Asemblea Xeral da FGC é a competente para aprobar as categorías das licenzas, así como o seu prezo as condicións de expedición de conformidade coa normativa legal e regulamentaria ditada pola Administración deportiva de Galicia.

Por ese motivo, este sábado 19 de decembro, ás 20:30 horas, celebrarase a Asemblea Xeral da FGC

Como novidade, a Licenza Federativa será por primeira vez 100% dixital, un formato máis práctico e cómodo dende o teu smartphone. Polo tanto, a licenza física deixará de ser expedida. 

Se es un ciclista que compite ou participa en probas cicloturistas a Licenza Federativa é o complemento perfecto para gozar plenamente do teu deporte favorito e da nova tempada ciclista. Contarás cun completo seguro médico, ademais de con un seguro de responsabilidade civil, defensa xurídica, entre outros… Solicita xa a túa Licenza Federativa e dispón dela ao momento no teu móbil! 100% dixital desde este ano!

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es