17 DE FEBRERO DE 2021
Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) que recolle a ORDE do 15 de febreiro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021 como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, compartimos as instrucións vinculadas ao ciclismo federado.
Deporte Federado de ámbito autonómico.
a. Protocolos aplicables.
A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, deste xeito conforme ao noso Protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista fronte a Covid-19 indicámoslle as seguintes instrucións:
· Manter sempre a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
· Uso obrigatorio da máscara, salvo no momento da práctica deportiva durante o adestramento. Recomendase o uso da máscara durante a circulación en zonas urbanas.
· Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcólica.
· Evitar o contacto físico
· Os adestramentos poden desenvolverse de xeito individual ou colectivo (grupos o máis reducidos posibles), sempre sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade interpersoal
b. Instalacións deportivas.
· Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico.
· Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.
c. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e de horario nocturno establecese aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados:
1. Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición.
· No caso de non ter programada a asistencia a ningún evento/competición de ciclismo no prazo de 4 semanas, a movilidade soamente quedara permitida dentro do municipio.
· No caso da asistencia as Escolas de ciclismo, non se permite a movilidade entre Concellos. Os/as deportistas non poderan acudir a actividade da súa escola mentres non se modifiquen as normas descritas na Orde do 15 de febreiro de 2021.
2. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
3. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:
- Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
- No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.
- Outro persoal autorizado (delegados, etc.)
4. Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un CERTIFICADO, segundo o modelo adxunto oficial, emitido polo seu club deportivo federado o de non ter a correspondente federación.
No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.
As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.
d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.
Non se permite.
Rogamos RESPONSABILIDADE E PRUDENCIA.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es