24 DE NOVIEMBRE DE 2021
A penúltima xornada da Copa Galicia de Ciclocrós cambia de data e de escenario. O I Ciclocross Concello de Nigrán ZFV-Porto do Molle incorpórase ao calendario e baixo a organización da Club Ciclista Coruxo celebrarase o domingo 12 de decembro. Por outra parte, a Asociación Deportiva Avanza comunicou a cancelación do V Trofeo de Ciclocross Concello do Porriño, previsto para o sábado 18 de decembro.
Esta dobre modificación mantén en catorce o número de xornadas da Copa Galicia 2021. Aínda faltan cinco probas por disputar e o circuíto coordinado pola Federación Ciclismo Galego baixará o pano o 19 de decembro en Ponteareas co Ciclocross Borja Gómez Méndez.
Toda a información sobre a #CopaGaliciaCX podes atopala facendo click sobre esta ligazón.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es