10 DE MARZO DE 2022
Magín Alfredo Froiz Planes, fundador do grupo de distribución alimenticio Froiz, faleceu nas últimas horas aos 78 anos de idade. A Federación Ciclismo Galego quere transmitirlle o seu máis profundo pésame aos familiares e amigos dun home excepcional que sempre tivo a man tendida a un deporte que levaba no corazón.
A súa empresa leva 34 anos patrocinando e dando nome ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz. A súa implicación con este histórico equipo é o máis importante dos moitos exemplos respecto a súa implicación co ciclismo. En sinal de agradecemento, a FCG fíxolle entrega no ano 2015 con motivo da XIV Volta Ciclista Galicia dunha placa de recoñecemento e o quilómetro 0 daquela etapa estivo situado na sede central de Froiz en Lourido.
Descanse En Paz
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es