02 DE MARZO DE 2026
En cumprimento coa lei electoral remitida pola Xunta de Galicia, e co compromiso de ofrecer a máxima información e transparencia, a Federación Ciclismo Galego (FCG) activou o venres 28 de febreiro a pestana Eleccións 2026 no menú superior desta páxina web compartindo a Normativa e os Censos Iniciais de cara ás eleccións á Presidencia, Asemblea Xeral e Comisión Delegada da FCG que se celebrarán neste 2026. Fai click neste enlace para consultalos. Toda a información do proceso electoral irase actualizando de acordo cos prazos establecidos no calendario electoral.
A continuación compartirmos un Resumo da Normativa no apartado referente ao Censo Electoral Inicial:
- O censo inicial deberá publicarse con data límite o 28.02.2026
- Este censo electoral inicial será exposto publicamente no taboleiro de anuncios da federación, así como na súa paxina web nunha sección denominada 'ELECCIÓNS 2026', durante dez (10) días naturais, para que os clubs ou persoas electoras poidan presentar rectificacións ou reclamacións a este durante o dito prazo, mediante escrito remitido á xunta directiva, que valorará os escritos presentados e procederá, se é o caso, á emenda ou corrección do censo electoral inicial no prazo de cinco (5) días naturais.
- Debe elaborase por estamentos (clubs, deportistas, árbitros, técnicos) e outros estamentos se os houbese.
- No censo de clubs, entre outros datos, debe figurar o nome do presidente, agás que a representación recaia nunha persoa da xunta directiva, o que deberá acreditarse mediante un certificado expedido polo rexistro de entidades deportivas de Galicia.
FEDERACIÓN
FORMACIÓN
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es