22 DE JUNIO DE 2021
Antes da súa paréntese no verán, o Open de España de DHI aterrou na localidade burgalesa de Briviesca. Non houbo ningún podio galego na segunda xornada do certame estatal, pero tres riders juniors asinaron postos de Top-10 e Uxía Álvarez (Coruxo) conserva a camisola de líder xuvenil.
A quenda clasificatoria da Briviesca Aquabona DH disputouse baixo unha fina chuvia que deixou un circuíto moi esvaradío. As condicións cambiaron na final, aumentando a adherencia nun trazado curto e intenso. O mellor tempo entre os galegos marcouno Javier Fernández (Bicicletas Chinquena), pero o seu rexistro de 1:38.765 non lle serviu para meterse nas dez primeiras prazas Elite. Rematou undécimo.
Nos juniors, Zoe del Río (XSM) quedou a 2 segundos do podio. O seu rexistro (1:40.782) outorgoulle a quinta posición e rebaixou os 'cronos' de Roi Jorge (Ciclos Quintena), sétimo con 1:43.144, e Marcos Abalo (BTT Castrobikes), oitavo grazas ao seu 1:43.394.
Estes tres riders galegos aparecen no Top-10 da xeral do Open: Jorge continúa cuarto (300 puntos), Del Río segue quinto (294) e Abalo ascende ao oitavo posto (204).
En canto á competición feminina, malia non ter o seu mellor día, Uxía Álvarez retivo o maillot de líder júnior. A corredora do Coruxo finalizou cuarta en Briviesca e no ranking conserva unha ampla renda (195 puntos) sobre a segunda clasificada Aina González (ST. Andreu Barca). Pola súa banda, Gemma Chapela (VK Bikes) concluíu como cuarta Elite e na xeral da categoría raíña sobe á terceira posición.
A última xornada do Open de España está fixada para o 26 de setembro en Otívar (Granada).
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es