Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marco Veiga obtén o segundo posto na apertura do Open de España de Enduro en Castejón de Sos

30 DE JUNIO DE 2021

Santos Lemos vestiuse coa camisola de líder máster-30 e Zoe del Río rematou segundo nos juniors

Marco-Veiga-obten-o-segundo-posto-na-apertura-do-Open-de-Espana-de-Enduro-en-Castejon-de-Sos

Fotos: Yaiza Fernández Pérez

Varios riders galegos presentaron este domingo as súas candidaturas aos títulos no arranque do Open de España de Enduro en Castejón de Sos. Ata seis corredores da 'armada' desprazada dende Galicia remataron entre os catro primeiros das súas categorías no Pirineo oscense. Marco Veiga, segundo na táboa scratch, encabezou os sobranceiros resultados autonómicos. 

O elite do Ciclos Quintena quedou a 12 segundos da vitoria absoluta, e na súa categoría, na Puro Pirineo Enduro Race. A cita que se encargou de abrir este certame estatal, que rematará o 3 de outubro no Endurrazo, contou con catro tramos cronometrados nun trazado de 38 quilómetros e 1.500 metros de desnivel. Os participantes coincidiron en destacar como un punto clave no resultado final da competición a dificultade técnica do primeiro treito, Eresué–Sesué, ao que a choiva da tarde do sábado sumou un plus de complexidade.

O valenciano Anaué Rodrigues (On Bike) impúxose na clasificación scratch, con Veiga batendo por 46 centésimas a Mario Palacio (Unión Ciclista Zaragoza). Cuarto, a 26 segundos do podio, terminou Mauro González (Salvaterra), o vixente campión galego elite. 

Dentro do Top-10 absoluto houbo un tercer rider autonómico. Santos Lemos (Grupetta Pan de Zarko), actual campión de Galicia máster-30, fixo noveno, un resultado que lle outorgou a vitoria no seu grupo de idade cunha cómoda vantaxe de 31" respecto a Agustín Papaleo (Formula Extrem). Moi preto, a só 2", de meterse entre os dez primeiros e de subir ao caixón quedou David Fernández (Avanza-O Porriño), cuarto nos sub23.

A outra categoría con protagonismo galego foi a júnior masculina. Zoe del Río (XSM) obtivo o segundo posto, concluíndo a 8" de Asier García (Unión Ciclista Zaragoza), e Manuel Loureiro (Coruxo) pelexou por subir ao podio ata o último treito, pero tivo que conformarse con ser cuarto por detrás de Antonio Royo (Loose Riders), que o superou por 6".

O vindeiro evento do Open, que este ano consta de tres xornadas, chegará o 5 de setembro na provincia de Ávila, no IV Enduro La Adrada.

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Marco Veiga obtén o segundo posto na apertura do Open de España de Enduro en Castejón de Sos
Marco Veiga obtén o segundo posto na apertura do Open de España de Enduro en Castejón de Sos
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es