24 DE MARZO DE 2022
A Semana Santa será máis que nunca tempo de bicicletas en Galicia. A Federación Ciclismo Galego (FCG) lanza o seu Campus XCO, unha proposta de ocio e formación que se celebrará do luns 11 ao mércores 13 de abril e terá como epicentro as instalacións do Casino Mercantil en Pontevedra. Esta iniciativa diríxese a ciclistas federados e nados no 2006-2009 (infantís e cadetes).
As rapazas e os rapaces poderán gozar durante as súas vindeiras vacacións escolares de tres días de Cross Country Olímpico, a modalidade raíña do BTT. A organización do Campus XCO Ciclismo Galego estableceu un tope de 30 inscritos. Os interesados poden anotarse ata o 6 de abril e o importe é de 100 euros.
Esta actividade seguirá un formato semellante ao Campus de Ciclocrós do pasado verán en Baños de Molgas e Maceda. Con estas convivencias a FCG busca fomentar a paixón pola bici combinando aprendizaxe con entretemento.
Ligazón información e inscrición
https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripcionescursos/curso/394
SELECCIÓNS
BTT
FORMACIÓN
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es