27 DE JUNIO DE 2022
Foto: Aina González
Na segunda cita do calendario chegou o primeiro podio galego da temporada na Copa de España DHI. A elite Gemma Chapela (VK Bikes) pisou o terceiro chanzo do caixón este domingo na Briviesca Aquabona DH. Os representantes da nosa comunidade conseguiron outros tres top-10 na proba burgalesa.
Terceira na clasificatoria, Chapela mellorou en 4 segundos o seu tempo na final. A rider do VK Bikes detivo o reloxo en 2:07, quedando a 17" tanto de Zoe Zamora (Galapagar) como da gañadora elite-sub23 Aina González (ST. Andreu Barca). Este resultado sitúa á canguesa na quinta praza da xeral da Copa.
Os seus rexistros da primeira baixada tamén os rebaixaron na final os dous juniors do Bici Verde que competiron en Briviesca. Marcos Abalo apuntouse un quinto posto con 1:40.2, separándoo 2" do terceiro clasificado, e Roi Jorge un noveno con 1:41.9. En canto aos elites, Ismael Romero asinou o mellor resultado galego, 13º con 1:40.6, e nos máster-30 Miguel Chapela (VK Bikes) meteuse noveno con 1:52.6.
A Copa de España de Descenso continuará a vindeira fin de semana no circuíto oscense de Panticosa, onde se disputará a súa terceira e penúltima xornada.
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es