Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez remata quinto na estrea do Campionato de España de BTT Short Track

26 DE SEPTIEMBRE DE 2022

O macedao do BH Templo Cafés fixo sétimo ao día seguinte no XCO de clase C1 da Sea Otter Europe

Pablo-Rodriguez-remata-quinto-na-estrea-do-Campionato-de-Espana-de-BTT-Short-Track

A nómina de Campionatos de España de BTT ampliouse o pasado en venres coa celebración en Girona da primeira edición do estatal de Cross Country Short Track (XCC). Nesta estrea no calendario participou un galego, o macedao Pablo Rodríguez (BH Templo Cafés), e nunha especialidade que xa tiña probado na Copa do Mundo quedou preto de subir o podio. Rematou quinto, a 2" do bronce.

O granadino David Valero, compañeiro de equipo de Rodríguez, converteuse no primeiro campión de España dunha proba que se caracteriza pola súa explosividade. O actual subcampión do mundo de XCO venceu cun tempo de 22:16, superando por 2" ao catalán Jofre Cullell (Primaflor). Os dous destacarónse na loita pola vitoria e por detrás,  a 20", catro corredores xogáronse o bronce nos metros finais. O murciano David Campos fíxose coa medalla que quedaba sen dono ao bater a Alberto Barroso (SportBici), a Rodríguez e a Jaume Bosch (BH Templo Cafés).

O campionato de Short Track disputouse no marco do afamado festival Sea Otter Europe, que na súa sexta edición ofreceu o sábado unha carreira de Cross Country Olímpico. Esta cita de clase C1 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI) exerceu como colofón do certame Continental Super Cup Massi. O ourensán Rodríguez, nunha das súas últimas competicións do ano, clasificouse sétimo e o triunfo correspondeu ao francés Victor Koretezky (B&B Hotel)

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Pablo Rodríguez remata quinto na estrea do Campionato de España de BTT Short Track
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es