Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico

23 DE JUNIO DE 2025

Lara Lois e Jorge Aguín, bikers do concello meco, fixéronse cos titulos Elite nunha cita que repartiu 16 camisolas autonómicas

O-Grove-toma-Ribadumia-no-Campionato-de-Galicia---XCO-Kiwi-Atlantico

Fotos: Luz Iglesias

Unicamente tres bikers revalidaron a súa coroa no Campionato de Galicia de Cross Country Olímpico disputado este sábado na localidade pontevedresa de Ribadumia. A quinta edición do XCO Kiwi Atlántico outorgou 16 títulos nun selectivo percorrido no que se marcaron amplas diferenzas na maioría das carreiras. Entre os triunfos incontestables estiveron os de Lara Lois (RG Bikes Scott) e Jorge Aguín (Supermercados Froiz) na categoría Elite, dous veciños do Grove que tomaron outro concello da comarca do Salnés.

O festival meco chegou na última quenda do evento organizado polo Club Ciclista Ribadumia e que reuniu a preto de 250 participantes. A proba raíña masculina dominouna con total autoridade Jorge Aguín. O corredor do Supermercados Froiz conseguiu a súa primeira vitoria no calendario galego dende que cambiou da categoría Máster-40 á Elite. Cun tempo na liña de meta de 1 hora 44 minutos e 4 segundos, o grovense avantaxou en máis de 5’ ao novo campión sub-23 Ricardo Buba (Coruxo). A terceira praza absoluta ocupouna Alberto Pedreira (Bici Verde), subcampión elite, que finalizou uns metros por diante do subcampión sub-23. Jorge Pérez (Avanza-O Porriño). O top-5 pechouno Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño), colgándose o bronce elite, e o podio sub-23 completouno Martín Díaz (XSM).

imagen

Entre os júniores, Marcos Rodríguez (Academia Postal-Maceda) exerceu de vencedor esta temporada da xeral da Copa Galicia. Raúl Puelles (Supermercados Froiz) fixo segundo e Mauro Vega (Coruxo),  terceiro. Guillermo García (Avanza-O Porriño), campión infantil no 2024, logrou nesta ocasión a camisola cadete da Federación Ciclismo Galego (FCG). Si que repetiron título na mesma categoría que o ano anterior o máster-30 Manuel Parada (Xesteiras), adxudicándose un intenso man a man con Diego Álvarez (Podium Team), e o máster-50 Antonio Rodríguez (Ourense Termal). O resto de medallas de ouro obtivéronas Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas) en Infantil, Diego Rey (Encoro Cycling) en Máster-40 e Óscar Lorenzo (Bici Verde) en Máster-60.

A raíña feminina en Ribadumia foi todo unha campioa de España Elite hai dous anos. A grovense Lara Lois exhibiuse no trazado que ten como epicentro a planta de Kiwi Atlántico. A corredora do RG Bikes Scott distanciouse en 9 minutos e medio da gañadora sub-23 Aroa Otero (Supermercados Froiz). A terceira praza acadouna a elite Raquel Román (Bici Verde) mentres que a cuarta e a quinta clasificada, María Filgueiras (XSM) e a súa compañeira de equipo Irene Trabazo, cruzaron a liña de meta da man como segunda sub-23 e terceira elite, respectivamente. O bronce sub-23 correspondeu a Yaiza Vila (Creto Bikes).

imagen

Un adestramento de calidade ao estilo do de Lara Lois realizouno Lorena Patiño na competición júnior. A vixente campioa estatal conservou o seu título autonómico con absoluta autoridade e na entrega de premios estivo escoltada por Lara Pita (Plantet MTB), segunda, e Fátima González (Máis Que Bicis), terceira. Nas outras categorías femininas, os maillots da FCG cambiaron de posuidoras. Marta Utrera (Armenteira e Punto) impúxose nas infantís, Nerea Soto nas cadetes, Carolina Díez (Creto Bikes) nas máster-30 e Rebeca Muñoz (Xesteiras) nas máster-40. 

 

PODIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA 

Elite F

1. Lara Lois (RG Bikes Scott)

2. Raquel Román (Bici Verde)

3. Irene Trabazo (XSM)

 

Elite M

1. Jorge Aguín (Supermercados Froiz)

2. Alberto Pedreira (Bici Verde)

3. Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño)

 

Sub-23 F

1. Aroa Otero (Supermercados Froiz)

2. María Filgueiras (XSM)

3. Yaiza Vila (Creto Bikes)

 

Sub-23 M

1. Ricardo Buba (Coruxo)

2. Jorge Pérez (Avanza-O Porriño) 

3. Martín Díaz (XSM)

 

Júnior F

1. Lorena Patiño (Decathlon)

2. Lara Pita (Planet MTB)

3. Fátima González (Máis Que Bicis)

 

Júnior M

1. Marcos Rodríguez (Maceda)

2. Raúl Puelles (Supermercados Froiz)

3. Mauro Vega (Coruxo)

 

Cadete F

1. Nerea Soto (Lynalfa-Ponteareas)

2. Xiana Seijo (Caimanes Betanzos)

3. Carla Hermida (Esmelle)

 

Cadete M

1. Guillermo García  (Avanza-O Porriño) 

2. Aron Gómez (Coruxo)

3. Pedro Cidrás (XSM)

 

Infantil F

1. Marta Utrera (Armenteira e Punto)

2. Clara Pintos (Lynalfa-Ponteareas)

3. Jimena Novo (Farto)

 

Infantil M

1. Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas)

2. Hugo Rodríguez (Máster da Louriña)

3. Jose Manuel Rouco (Cambre)

 

Máster-30 F

1. Carolina Díez (Creto Bikes)

 

Máster-30 M

1. Manuel Parada (Xesteiras)

2. Diego Álvarez (Podium Team)

3. José Luis Pereira (Xesteiras)

 

Máster-40 F

1. Rebeca Muñoz (Xesteiras)

2. Beatriz Vicente (Podium Team)

3.  Beatriz Iglesias (Bici Verde)

 

Máster-40 M 

1. Diego Rey (Encoro Cycling)

2. Marcos López (Xesteiras)

3. Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko)

 

Máster-50 M

1.  Antonio Rodríguez (Ourense Termal)

2. Roberto Fontán (Norinver)

3. Miguel Ángel Arias (Extol Zambora.es)

 

Máster-60 M

1. Óscar Lorenzo (Bici Verde)

2. Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas)

3.  Jose Manuel González (Maceda)

 

Clasificacións 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
O Grove toma Ribadumia no Campionato de Galicia - XCO Kiwi Atlántico
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es