Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín

12 DE JULIO DE 2022

O ciclismo de estrada tamén celebrou o sábado a primeira edición do Gran Premio Concello de Redondela

O-Gran-Premio-do-Albarino-abriu-a-sua-etapa-como-Memorial-Ernesto-Falcon-Padin

Despois de dous anos de paréntese por mor da pandemia, o pasado sábado regresou o Gran Premio do Albariño e fíxoo como homenaxe ao seu organizador durante as últimas décadas. A proba na que se entrega a Folla de Prata estreou na súa 52ª edición a condición de Memorial Ernesto Falcón Padín. Un tributo do que se encargaron o Club Ciclista Cultural Cambados e a Federación Ciclismo Galego. 

En Cambados participaron rapazas e rapaces de doce categorías. Unha festa do ciclismo base de estrada na que as vitorias corresponderon a Jimena Sandiás (Barbanza) e Xoan Sande (Barbanza) en Promesas, a Valeria González (Multideporte) e Antonio Mariño (Barbanza) en Principiantes, a Vega Aldrey (Triatlon Coruña) e Álvaro Iglesias (Carballo) en Alevíns, a Alejandra Neira (Compostelano) e Maxime Regozo (Betanzos) en Infantís, a Lara Fuentes (Cambre) e Alejandro Crende (Cidade de Lugo-MyBike) en Cadetes, e en Juniors a Laura Mira (Supermercados Froiz) e Gonzalo Gallego (Vigo-Rías Baixas), quen ademais recibiu a Folla de Prata. 

O momento máis emotivo da xornada chegou na cerimonia de podio coa entrega dun ramo de flores á viúva de Ernesto Falcón, como recordo a unha figura clave na historia do ciclismo galego e que nos deixou durante o pasado Nadal. 

Clasificación 

 

Gran Premio Concello de Redondela

A outra cita para o pelotón de estrada na tarde do sábado tivo como escenario Redondela. O concello desta localidade pontevedresa e o Retelec Team Cycling Galicia celebraron a primeira edición do Gran Premio Concello de Redondela. Este evento para corredores elite e sub23 disputouse baixo o formato de dúas carreiras de fondo clasificatorias para a proba final de eliminación. 

As dúa primeiras mangas, nas que se acumulaban 50 quilómetros dando voltas a un circuíto de 2,5 km, tiveron como vencedores ao costarriqueño John Jiménez (Padronés Cortizo) e ao abulense Noel Martín (Vigo-Rías Baixas). Este último volvería erguer os brazos na final, batendo no último esprint ao alacantino Alejandro Gómiz (Supermercados Froiz). O terceiro chanzo do podio ocupouno o estadounidense Cole Davis (Vigo-Rías Baixas).

Clasificación

GALERÍA DE FOTOS

O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín
O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín
O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín
O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín
O Gran Premio do Albariño abriu a súa etapa como Memorial Ernesto Falcón Padín
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es