05 DE SEPTIEMBRE DE 2025
A terceira e penúltima xornada da Volta a Galicia 2025 está chamada a ser a máis decisiva. Ao pelotón Elite e Sub-23 agárdalles o sábado 13 de setembro un percorrido para escaladores na Mariña Lucense. En 147 quilómetros, os ciclistas terán que supear catro portos de montaña e un desnivel acumulado de 2500 metros na estrea do municipio de Barreiros como anfitrioa da rolda que alcanza a súa 23ª edición.
A tirada que debería deixar practicamente sentenciada a xeral da Volta dará comezo ás 12:30 horas dende a capital do concello en dirección a Ribadeo, onde se disputará a primeira Meta Volante no km 13. A segunda chegará na Pontenova, km 45, antesala do inicio das ramplas da ascensión ao Marco de Álvare (3ª categoría), co seu cumio no km 60. Logo dun descenso moi rápido, e de circular de novo pola Pontenova, arrancará a subida a Augaxosa, que se coroa no km 91. Ese alto é de 2ª categoría, ao igual que o de Fórnea, cos puntos en xogo para a camisola da Montaña no km 102. A carreira realizará un primeiro paso pola meta de San Cosme, que no km 117 exercerá de Meta Volante, e dirixirase a Monte Comado, outro porto de 2ª categoría dende o que restarán 13 km para a conclusión, prevista a partir das 15:50 h.
Á presentación desta etapa na Casa do Concello asistiron Ana Belén Hermida, alcaldesa de Barreiros; Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo; Daniel García Fernández, concelleiro de Deportes; Manuel Cadramón, xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego; e Jacobo Ucha, director da Volta a Galicia.
Consulta toda a información sobre as etapas da Volta a Galicia na súa páxina web oficial www.voltagalicia.com
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es