05 DE JULIO DE 2022
Foto: LP's Photography
A Copa de España de Ciclismo Adaptado reactivouse o domingo en Ciudad Real despois de tres meses de paréntese, un regreso que se saldou con dous postos de podio para os handbikers galegos. Sobre o asfalto manchego, Iván Manoel Montero (ParaciclismoGalicia) exerceu de líder MH5 sumando un novo triunfo na súa conta e Ángel López (Inclusivo Enki) clasificouse terceiro en MH2.
O Gran Premio Ayuntamiento de Ciudad Real, terceira xornada do certame estatal, disputouse cun formato que consistía en competir durante unha hora e dar unha volta extra ao circuíto de 3 quilómetros. Invicto nesta edición da Copa, Iván Montero cumpriu co seu papel de primeiro na xeral MH5. O coruñés xa ten matematicamente certificado o título.
A participación de paraciclistas galegos limitouse nesta ocasión ás handbikes masculinas. O Inclusivo Enki acudiu con tres representantes autonómicos e ademais da terceira posición de Ángel López en MH2 obtivo a oitava e a novena en MH3, respectivamente, de Alejandro González e Daniel Prada.
O segundo evento estival desta Copa de España está fixado para o 7 de agosto moi preto de Galicia, na localidade berciana de Bembibre.
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
EVENTOS
CICLISMO ADAPTADO
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es