Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Montero iniciou en Lanzarote o camiño cara ao seu sexto título da Copa de España

10 DE MARZO DE 2025

O handbiker do Neuroimpulse-Galicia sumou dous triunfos na clase MH5. Dobre terceiro posto do seu compañeiro Óscar López en MC3

Ivan-Montero-iniciou-en-Lanzarote-o-camino-cara-ao-seu-sexto-titulo-da-Copa-de-Espana

Fotos: RFEC

A Copa de España de Ciclismo Paralímpico arrancou o seu calendario do 2025 nas Illas Canarias. A localidade de Yaiza, en Lanzarote, acolleu unha dobre xornada na que os representantes galegos colleitaron catro podios. Iván Montero (Neuroimpulse-Galicia) impúxose na clase MH5 tanto na contra o reloxo do venres como na carreira en liña do sábado e o seu compañeiro de equipo Óscar López asinou dous terceiros postos en MC3.

Con cinco títulos do certame estatal no seu palmarés, o handbiker Iván Montero iniciou o seu camiño cara ao sexto. A 'crono' de 13,6 quilómetros completouna en 24 minutos e 9 segundos, rodando a unha velocidade media de 34 km/h. Ao día seguinte, a proba de fondo celebrouse nun circuíto urbano de 2,2 km ao que o coruñés deu dezanove voltas en 1:04:27. O seu ritmo foi idéntico ao da véspera. 

En cantos ás bicicletas adaptadas, Óscar López rematou terceiro o ano pasado na xeral da Copa de España e a ese posto continuou abanado no comezo da nova temporada. As dúas vitorias en MC3 obtívoas o navarro Eduardo Santas (Turiaso) por diante do balear Adrián Planells (Lasal Cocinas-Craega). O larachés do Neuroimpulse-Galicia quedou na contra o reloxo a 5:18 do vencedor e na carreira, a 2:53.

imagen

As seguintes dúas citas puntuables terán lugar en Ceutí (Región de Murcia) os próximos 22 e 23 de marzo.

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Iván Montero iniciou en Lanzarote o camiño cara ao seu sexto título da Copa de España
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es