Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Montero, Óscar López e José Antonio Bugarín suman vitorias e podios en Canarias

20 DE FEBRERO DE 2026

A Copa de España de Ciclismo Paralímpico arrancou con dúas citas puntuables en San Bartolomé de Tirajana

Ivan-Montero-oscar-Lopez-e-Jose-Antonio-Bugarin-suman-vitorias-e-podios-en-Canarias

Fotos: RFEC

Os tres corredores galegos que viaxaron ata as Illas Canarias para participar na dobre cita inaugural da Copa de España de Ciclismo Paralímpico non se baixaron do podio. O handbiker Iván Montero (Neuroimpulse Galicia), con dúas vitorias, comandou a actuación dos representantes da nosa comunidade durante a pasada fin de semana en San Bartolomé de Tirajana (Gran Canaria). Entre os tres primeiros das súas clases tamén estiveron os paraciclistas de bicicleta adaptada Óscar López (Neuroimpulse Galicia) e José Antonio Bugarín (ODL Team).

O primeiro día de competición do Gran Premio Copa Cabildo de Gran Canaria estivo dedicado ás carreiras en liña e a segunda xornada, ás contra o reloxos. O camiño cara ao seu sétimo título no certame estatal iniciouno o arteixán Iván Montero cun dobre triunfo en MH5. O seu compañeiro de equipo Óscar López tamén defende a coroa da Copa en MC3. O larachés fixo segundo o sábado e terceiro o domingo. En ambas probas impúxose outro corredor do Neuroimpulse Galicia, o balear Adrián Planells. 

imagen 

O mesmo resultado asinou tanto na carreira como na 'crono' o porriñés José Antonio Bugarín en MC5. O paraciclista do ODL Team-Lasal Cocinas Craega rematou terceiro por detrás dos madrileños Julio Pedro Blasco (Neuroimpulse Galicia) -vencedor o sábado- e Manuel Pérez (ODL Team) -primeiro o domingo. 

A Copa de España consta esta campaña de seis eventos. O terceiro e o cuarto terán como escenario a localidade murciana de Ceutí na última fin de semana de marzo. 

Máis información 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es