Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez lucirá o dorsal número 1 na segunda edición da Manzaneda Gran Fondo

11 DE ABRIL DE 2024

O biker de Maceda participará por primeira vez o 28 de abril na marcha cicloturista que percorre as comarcas ourensás de Terras de Trives e Caldelas

Pablo-Rodriguez-lucira-o-dorsal-numero-1-na-segunda-edicion-da-Manzaneda-Gran-Fondo

A Manzaneda Gran Fondo pode presumir de contar cos ciclistas ourensáns máis internacionais. Se na súa estrea tivo como un dos seus padriños a Carlos Canal, na súa segunda edición portará o dorsal número 1 a gran figura do BTT galego. O macedao Pablo Rodríguez descubrirá o domingo 28 de abril a marcha cicloturista que roda, explora e desfruta nas comarcas de Terras de Trives e Caldelas

Campión de Europa Sub-23 de XCO no 2015, o biker de Maceda foi un dos principais referentes da especialidade olímpica do BTT durante a última década en España. A actual temporada supón o inicio dunha nova etapa na súa carreira profesional. A principios deste 2024 fichou polo Buff Megamo e co considerado mellor equipo do mundo de XCM está dedicándose ás probas de Maratón e de Gravel. Á Manzaneda Gran Fondo chegará directamente dende os Balcáns, onde a semana anterior competirá na 4Islands MTB Croatia. 

imagen

Pablo Rodríguez e o resto de participantes na marcha organizada pola Federación Ciclismo Galego pedalearán nun trazado que varía un 60% respecto ao do ano pasado. Entre as novidades destacan dous portos de montaña inéditos, o Alto de Valisco e o de Pena de Lebre. O que non cambia é o seu espectacular final, coa ascensión á Estación de Montaña de Manzaneda. Esta mítica subida será cronometrada, o que ofrece aos compoñentes poñer a proba o seu estado de forma. 

O prazo para reservar dorsal continúa aberto (fai click nesta ligazón para inscribirte). Os cicloturistas poden escoller entre dous percorridos: o Gran Fondo, de 125 quilómetros e cun desnivel positivo acumulado de 3.000 metros, e o Medio Fondo, de 80 km con 1.800 de acumulado. A saída para ambas distancias darase ás 09:30 horas. 

imagen

Os dous itinerarios, adaptados ao nivel e á motivación de cada deportista, transcorren por un total de cinco concellos da provincia de OurenseManzaneda, Pobra de Trives, Castro Caldelas, Montederrano e Chandrexa de Queixa. Trátase dun percorrido por incribles paisaxes naturais. Unha proposta deportiva e de lecer.

imagen

OFERTA DE ALOXAMENTO

A Estación de Montaña de Manzaneda mantén os prezos especiais da primeira edición para aloxarse. Os participantes poden aproveitarse das seguintes tarifas:

Apartamento 2 Pax.....70 euros/noite

Apartamento 4 Pax.....120 euros/noite

Apartamento 7 Pax.....190 euros/noite

Opción en Media Pensión.....+20 euros

Esta oferta inclúe piscina ou spa durante unha hora e lavabicicletas. As reservas realízanse chamando ao númerto de teléfono 988 30 90 90. 

imagen

 

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es