25 DE AGOSTO DE 2022
A falta de pouco máis dun mes para o inicio oficial da súa temporada, o CX autonómico púxose en marcha dun xeito especial. De luns a mércores tivo lugar en Ferrol a segunda edición do Campus Ciclocrós Ciclismo Galego. Unha convivencia formativa e lúdica dirixida a rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos.
Con esta iniciativa a Federación Ciclismo Galego busca profundizar na paixón que esperta unha especialidade que non deixa de medrar, combinando o ciclocrós con outros deportes e actividades de lecer. O equipo de traballo coordinado por Alberto del Río, técnico da FCG, contou coa colaboración do Club Ciclista Cambre-Caeiro. O grupo de 22 corredoras e corredores hospedouse no Hotel Chips Ferrol e a maioría do programa levouse a cabo nas instalacións do Club de Campo de Ferrol.
Os adestramentos incluíron todo tipo de exercicios para mellorar a técnica sobre a bicicleta e no primeiro día organizouse unha sesión nocturna. Da parte máis téorica encargáronse Pablo Alfaya, ofrecendo unha charla sobre mecánica, e Diego Rodríguez, do Comité Técnico de Árbitros galego, abordando a Regulamentación Técnica do ciclocrós.
Non todo estivo relacionado coa bici. As rapazas e os rapaces tamén o pasaron en grande cunha tarde de surf en Valdoviño da man dos monitores do Pantín Surf Camp, no Club de Campo divertíronse na piscina e no minigolf, e a cea do martes celebrouse na Pizzería O Paso. Tres intensos e inesquecibles días para estreitar lazos a través do ciclocrós.
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es