Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG felicita ao Pulpeiros Mugardos pola brillante organización do Campionato de España de Enduro

10 DE JUNIO DE 2021

A Montefaro Enduro Race da pasada fin de semana resultou un éxito a todos os niveis e reforza a condición de Galicia como potencia estatal do Enduro

A-FCG-felicita-ao-Pulpeiros-Mugardos-pola-brillante-organizacion-do-Campionato-de-Espana-de-Enduro

A Federación Galega de Ciclismo desexa recoñecer e agradecer o brillante traballo realizado polo Pulpeiros Mugardos para organizar a pasada fin de semana o Campionato de España de Enduro coincidindo cunha nova edición da Montefaro Enduro Race. Malia a excepcional situación sanitaria na que nos atopamos, o que esixe un esforzo aínda maior para sacar adiante un evento desta dimensión, a cita celebrada nos concellos de Mugardos e Ares resultou un éxito a todos os niveis. 

Sen dúbida, o Pulpeiros Mugardos puxo o listón moi alto no apartado organizativo e reforzou a condición de Galicia como referencia no Enduro español. Ademais de que a nosa comunidade é unha potencia en participación a nivel estatal, tamén está ao fronte desta disciplina do BTT como sede dos Campionatos de España. Nos últimos seis acolleu en tres ocasións a proba máis relevante do calendario: O Porriño no 2015, Endurrazo 2019 e agora a Montefaro Enduro Race. 

Os nosos parabéns á gran familia do Pulpeiros Mugardos e a todo o Enduro galego. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es