Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Juan Carlos Muñiz inicia oficialmente o seu terceiro mandato á fronte da Federación Ciclismo Galego

19 DE DICIEMBRE DE 2022

O reelixido presidente nomea a Emma Fernández vicepresidenta da FCG e presidenta do CTA. David Carrillo continúa como secretario

Juan-Carlos-Muniz-inicia-oficialmente-o-seu-terceiro-mandato-a-fronte-da-Federacion-Ciclismo-Galego

Tras ser o candidato máis votado na Asemblea do pasado 3 de decembro, Juan Carlos Muñiz iniciou oficialmente o seu terceiro mandato á fronte da Federación Ciclismo Galego e a súa primeira decisión é un dobre nomeamento. O reelixido presidente vén de designar a Emma Fernández como vicepresidenta da FCG e presidenta do Comité Técnico de Árbitros (CTA), e David Carrillo continuará exercendo de secretario federativo.

Avalada por 27 anos de experiencia como colexiada, Emma Fernández asume a vicepresidencia da FCG e releva a Javier Cajiao no CTA galego. Ao longo da súa carreira arbitral acumula tres presenzas na Vuelta a España, así como sete edicións da Vuelta a Asturias, cinco da Volta Galicia, tres da Volta á Provincia da Coruña e outras roldas por etapas como a Vuelta a Navarra, Bidasoa, León, Zamora, Salamanca, Cantabria, Itzulia e Emakumeen. No se currículo tamén hai que anotar Campionatos de España de todas as categorías en Estrada, BTT, Pista, Ciclismo Adaptado e Ciclocrós, ademais de varios CX internacionais en Galicia, Asturias e Euskadi. 

No novo organigrama federativo o cargo de secretario seguirá correspondendo a David Carrillo e ao longo desta semana está previsto que se anuncie a composición da xunta directiva. 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es