Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Juan Carlos Muñiz, reelixido presidente da Federación Ciclismo Galego

04 DE DICIEMBRE DE 2022

A Asemblea tamén escolleu a composición da Comisión Delegada

Juan-Carlos-Muniz-reelixido-presidente-da-Federacion-Ciclismo-Galego

A Federación Ciclismo Galego terá como presidente por terceiro mandato consecutivo a Juan Carlos Muñiz Nieto. O máximo responsable da FCG dende o ano 2015 foi reelixido na Asemblea celebrada onte no Hotel Congreso, en Santiago de Compostela, ao acadar máis votos que Manuel Tallón Mesías, o outro candidato á presidencia. Durante esta xuntanza tamén se escolleu aos compoñentes da Comisión Delegada.

A elección para designar ao presidente da FCG ata o 2026 resolveuse con 47 votos a favor de Juan Carlos Muñiz, 13 a prol de Manuel Tallón e 1 en branco. Co seu apoio maioritario, a Asemblea referendou o traballo realizado pola dirección da federación autonómica durante os últimos anos. Despois dun primeiro mandato dende o 2015 ata finais do 2018, no segundo xurdiu unha inesperada dificultade extra. A crise sanitaria provocada en marzo do 2020 pola pandemia da COVID obrigou á creación e aplicación de protocolos para sacar adiante competicións que fosen compatibles coas restriccións. A normalidade regresou neste 2022 e o ciclismo galego aposta por seguir confiando nun modelo de xestión que lle permitiu superar un periodo tan complicado. 

A outra votación da xornada serviu para conformar a Comisión Delegada que estará integrada por Manuel Paz no estamento de deportistas, Jacobo Ucha no de técnicos, Julio Varela -único candidato- no de árbitros, e no de clubs saíron elixidos a Asociación Deportiva Avanza, o Club Ciclista Rosal e o Club Ciclista Vigués, mentres que os tres postos de designación libre por parte do presidente corresponden ao Club Ciclista Ponteareas, á Peña Ciclista Biciosos-Rías Baixas e ao Club Ciclista XSM. O criterio aplicado por Juan Carlos Muñiz foi o de que as escolas de ciclismo e o cicloturismo incrementen o seu peso neste órgano.  

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es