12 DE DICIEMBRE DE 2024
A Federación Ciclismo Galego (FCG) celebrou o pasado sábado unha Asemblea Xeral Extraordinaria na sede da delegación da Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, no Estadio Vero Boquete. Esta xuntanza contaba cos seguintes puntos na súa Orde do Día:
1.- Aprobación acta anterior
2.- Informe do presidente
3.- Informe da auditoría
4.- Exposición e aprobación das obrigacións financeiras 2025
5.- Exposición e aprobación do regulamento de licenzas 2025
6.- Exposición e aprobación do presuposto 2025
7.- Exposición e aprobación da normativa 2025
8.- Calendario 2025, aprobación de copas, campionatos e calendario
9.- Asuntos de súa competencia
Todos os puntos foron aprobados. O de Obrigas Financeiras estivo marcado pola conxelación das taxas das carreiras e das arbitraxes, así como pola subida do prezo da Licenza Federativa proporcional á subida do seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Nesta cuestión cabe subliñar que só sobe a parte correspondente ao seguro, sen poder aplicarse o IPC anual.
A Licenza Federativa é o complemento perfecto para que goces do teu deporte favorito ao longo da temporada tanto a nivel autonómico como estatal e internacional sen preocuparte por nada. Coa Licenza Federativa terás á túa disposición un completo seguro de accidente deportivo, ademais dun seguro de responsabilidade civil, asesoría e defensa xurídica, promocións, descontos... Solicita xa a túa Licenza Federativa 100% dixital e accede a ela a través do teu móbil sempre que o necesites.
Neste proceso a primeira licenza que hai que tramitar é a licenza do club, unha vez que esta estea validada, poderanse xestionar as licenzas dos ciclistas.
Consulta os prezos das licenzas federativas 2025 facendo click neste enlace.
FEDERACIÓN
EVENTOS
FEDERACIÓN
AVISOS
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es