21 DE NOVIEMBRE DE 2024
Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego, vén de ser nomeado vicepresidente da Real Federación Española de Ciclismo. A comezos desta semana a Xunta Electoral proclamou como novo presidente da RFEC para os vindeiros catro anos ao madrileño José Vicioso e formando parte da súa xunta directiva estará o máximo responsable da FCG dende o 2015. Deste xeito, a institución estatal arrinca unha nova etapa e faino co ciclismo da nosa comunidade gañando peso.
O nomeamento de Juan Carlos Muñiz é unha boa nova para o ciclismo galego e, ao mesmo tempo, premia o traballo realizado durante os últimos anos por todos os estamentos deste deporte na nosa terra. Froito dese labor levado a cabo por ciclistas, dirixentes dos clubs, técnicos, xuíces árbitros... Galicia foi aumentando a súa importancia a nivel estatal. O último exemplo desta tarefa conxunta quedou de manifesto no Campionato de Europa de Ciclocrós celebrado en Pontevedra a comezos deste mes.
O vindeiro 30 de novembro terá lugar en Madrid a asemblea xeral extraordinaria da RFEC, unha xuntanza na que empezará a pedalear esta nova etapa. Neste cónclave estrearase como presidente José Vicioso despois de que a súa candidatura fose a única que se presentara, estando avalada por 106 asembleístas, o que supón case un 90% da asemblea. Co inicio do seu madato, convértese no vixésimo sétimo presidente da RFEC que ostenta o cargo nos 129 anos de historia desta institución.
AVISOS
FEDERACIÓN
EVENTOS
FEDERACIÓN
AVISOS
FEDERACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es