09 DE NOVIEMBRE DE 2021
A Federación Ciclismo Galego, consciente da demanda existente nos equipos de técnicos cualificados en mecánica, organiza a primeira edición do 'Curso Mecánica en Competición' orientado a formar auxiliares específicos para cada modalidade. Esta actividade realizarase o sábado 27 e o domingo 28 de novembro no Hotel Ría Mar, en Meaño (Pontevedra). Os alumnos que completen satisfactoriamente estas xornadas accederán a unha bolsa de traballo propia da FCG.
Esta iniciativa está enfocada a todos aqueles maiores de idade con algún coñecemento de mecánica que estén interesados en formarse de xeito más específico no mundo da competición en Estrada, XCO e Ciclocrós. Dous mecánicos profesionais encargaranse de impartir o programa: Iván Moya (Selección Española, Eolo Kometa, Fundación Contador e Orbea Racing Team) e Modesto Pérez (Lotus, BMC, Astana, Vigo-Rías Baixas e Tramo Libre) O curso consta de clases teóricas, prácticas, un simulacro de carreira e un día de prácticas específicas nas xornadas organizadas pola FCG.
Unha vez superadas estas xornadas, coa súa correspondente evaluación, o alumno recibirá un diploma acreditando dito mérito e entrará nunha lista laboral que estará dispoñible na FCG para todos aqueles equipos que necesiten un mecánico.
Para celebrarse o curso deberán cubrirse un mínimo de 15 prazas e o número máximo de inscritos sitúase en 30. O prazo para anotarse remata o 25 de novembro ás 23:59 horas ou cando se esgoten as prazas. O prezo de inscrición é 60 euros para federados e 80 para non federados. O Hotel Ría Mar ofrece unha tarifa especial de 50 euros para os alumnos que desexen hospedarse nas súas instalacións.
Fai click neste enlace para inscribirte
Máis información no documento que achegamos.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es