01 DE DICIEMBRE DE 2022
A Federación Ciclismo Galego, en colaboración coa Escuela Nacional de Entrenadores, organiza os Cursos Director Deportivo Nivel I e Nivel II. As sesións impartiranse de forma online a través da páxina web da UFEDEGA dende o 16 de xaneiro ata o 11 de febreiro. Esta dobre actividade encádrase no plan de promover e formar aos diferentes estamentos que compoñen a FCG.
Os poñentes que se encargarán de explicar os contidos dos programas deseñados para cada nivel teñen en común a súa ampla experiencia no mundo do ciclismo. Na nómina de profesores destaca a presenza, entre outros, de Félix García Casas, exciclista profesional de estrada e actual seleccionador español de ciclismo adaptado; Cristina San Emeterio, adestradora do equipo femenino do Centro Mundial de Ciclismo; Emilio de la Campa, fisioterapeuta do equipo MMR Factory Racing; e Álvaro García, responsable de Marketing e Comunicación do Burgos BH.
Todas as sesións quedarán gravadas, polo que non é necesario seguilas en directo e poderán visualizarse posteriormente tantas veces como se desexe. Os exames tamén se realizarán de forma online, neste caso a través da plataforma habilitada pola FGC. As alumnas e os alumnos que acaden a cualificación de 'Aptos' na parte teórica deberán completar o curso cun periodo de prácticas.
Inscrición e matrícula
Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel I son os seguintes:
-1º prazo (ata o 22 de decembro)
Prezo: 260 euros (Federado) - 300 euros (Non Federado)
-2º prazo (dende o 23 de decembro ata o 11 de xaneiro)
Prezo: 300 euros (Federado) - 350 (Non Federado)
Fai click neste enlace para consultar toda a información e apuntarte
Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel II son os seguintes:
-1º prazo (ata o 22 de decembro)
Prezo: 360 euros (Federado) - 400 euros (Non Federado) - 250 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)
-2º prazo (dende o 23 de decembro ata o 11 de xaneiro)
Prezo: 400 euros (Federado) - 450 (Non Federado) - 300 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)
Fai click neste enlace para consultar toda a información e apuntarte
No prezo total dos cursos inclúese a expedición do título da Federación Ciclismo Galego.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es