22 DE MAYO DE 2024
A única localidade do mundo que conta con tres gañadores da Vuelta a España acolleu o pasado sábado a un pelotón de promesas da nosa comunidade. A Federación Ciclismo Galego levou a cabo a súa Xornada de Tecnificación para corredores cadetes de Estrada en Ponteareas. No mesmo escenario que viu dar as súas primeiras pedaladas aos irmáns Rodríguez e a Álvaro Pino, a FCG traballou coa base do noso deporte.
A cuarta convivencia formativa da temporada para o ciclismo de Estrada -anteriormente celebráronse a Feminina e dúas masculinas (Elite e Sub-23, e Júnior)- reuniu a 23 ciclistas. Jacobo Ucha, técnico e seleccionador daFCG, deulle a benvida aos corredores convocados na casa consistorial do Concello de Ponteareas e a este recibimento sumáronse Juan Carlos González, tenente de alcalde, e Luis Rodríguez, concelleiro de Deportes. Dende o corazón da vila do Tea arrancou un adestramento polo sur da provincia de Pontevedra.
As Xornadas de Tecnificación FCG buscan avaliar o nivel e o estado de forma dos ciclistas, así como crear vínculos entre os participantes de cara ás competicións que disputará a Selección de Galicia. Outro dos grandes obxectivos é a formación en aspectos relacionados co deporte en xeral e a bicicleta en particular. Por iso, despois de recuperar forzas cun xantar en grupo, a tarde dedicouse as charlas no salón de actos do Concello.
O relator convidado nesta ocasión foi Fernando Rama, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. A FCG quere expresarlle o seu agradecemento pola súa colaboración, do mesmo xeito que ao Club Ciclista Lynalfa-Ponteareas-Escola Borja Gómez Méndez e ao Concello de Ponteareas. Sen a súa implicación non sería posible realizar esta actividade.
Jacobo Ucha encargouse de pechar a convivencia abordando, entre outros aspectos, o calendario de competicións da Selección de Galicia. Dúas citas atópanse á volta da esquina, a Vuelta a Salamanca (7-8 de xuño) e o Campionato de España (4-7 de xullo) en Avilés.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es