19 DE FEBRERO DE 2025
Foto: Luz Iglesias
A nova temporada de Xornadas de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) comezou a pasada fin de semana en Oleiros co Enduro e continúan este sábado en Marín co XCO. Máis de vinte bikers das categorías Infantil e Cadete adestrarán e formaranse en aspectos relacionados co Cross Country Olímpico. Ademais dos convocados, todas as rapazas e os rapaces infantís e cadetes que queiran asistir ás conferencias poderán facelo comunicándoo antes do venres ao mediodía co envío dun correo electrónico a berto@fgalegaciclismo.es
As charlas sobre psicoloxía, nutrición e adestramento terán lugar a partir das 15:30 horas no salón de actos do CPR Plurilingüe Sei San Narciso e impartiranas tres relatores moi vinculados ao ciclismo. A primeira delas vaina ofrecer o psicólogo deportivo Jorge Carril, a segunda está prevista para as 16:30 h e correrá a cargo do nutricionista Jaime Juncal, e a terceira terá como conductor dende as 18:00 h ao adestrador e biomecánico Jorge Punzón para abordar a planificación e xestión dos adestramentos. Ao redor das 19:30 h darase por concluída a Xornada de Tecnificación.
A primeira parte desta convivencia arrancará pola mañá ás 10:00 h no Lago de Castiñeiras. Alí, os bikers citados pola FCG realizarán unha ruta en bicicleta polo monte. Ao remate desta sesión, ducharanse e desfrutarán dun xantar no CPR Plurilingüe Sei San Narciso antes do inicio das conferencias.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es