Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Apertura de inscricións para os Cursos Director Deportivo Nivel I e Nivel II

20 DE NOVIEMBRE DE 2025

As clases e o exame serán online, dende o 12 de xaneiro ao 14 de febreiro

Apertura-de-inscricions-para-os-Cursos-Director-Deportivo-Nivel-I-e-Nivel-II

A Federación Ciclismo Galego (FCG), en colaboración coa Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), organiza un ano máis os Cursos de Director Deportivo Nivel I e Nivel II. As sesións impartiranse de forma online a través da plataforma Zoom dende o 12 de xaneiro ata o 14 de febreiro. Esta dobre actividade encádrase no plan de promover e formar aos diferentes estamentos que compoñen o pelotón ciclista transformando a paixón en oportunidade.  

Os relatores que se encargarán de explicar os contidos dos programas deseñados para cada nivel teñen en común a súa ampla experiencia no mundo do ciclismo. Na nómina de profesores destaca a presenza, entre outr@s, de Begoña Luis, actual seleccionadora española de ciclismo paralímpico en estrada e pista; Cristina San Emeterio, directora deportiva do UAE Team ADQ; Jorge Punzón, adestrador e biomecánico do gabinete Punzonlab Cycling Performance; Xabi Castro, adestrador; Emilio de la Campa, fisioterapeuta do equipo Movistar; e Álvaro García, responsable de comunicación do equipo Polti Kometa. 

Todas as sesións quedarán gravadas, polo que non é necesario seguilas en directo e poderán visualizarse posteriormente tantas veces como se desexe. Os exames tamén se realizarán de forma online, neste caso a través da plataforma habilitada pola FGC. As alumnas e os alumnos que acaden a cualificación de 'Aptos' na parte teórica deberán completar o curso cun periodo de prácticas.

Inscrición e matrícula

Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel I son os seguintes:

-1º prazo (ata o 18 de decembro)

Prezo: 260 euros (Federado) - 320 euros (Non Federado)

-2º prazo (dende o 19 de decembro ata o 7 de xaneiro)

Prezo: 300 euros (Federado) - 360 (Non Federado)

Fai click nesta ligazón para consultar toda a información e apuntarte

 

Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel II son os seguintes:

-1º prazo (ata o 18 de decembro)

Prezo: 360 euros (Federado) - 420 euros (Non Federado) - 250 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)

-2º prazo (dende o 19 de decembro ata o 7 de xaneiro)

Prezo: 400 euros (Federado) - 460 (Non Federado) - 300 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)

Fai click nesta ligazón para consultar toda a información e apuntarte

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es