23 DE DICIEMBRE DE 2025
O ciclismo galego dálle os parabéns a Carmela Fernández López e a Verónica Loureiro Campos, que superaron con éxito o curso de xuíz árbitro autonómico o pasado 13 de decembro. Este logro é froito do seu esforzo, estudo e dedicación, demostrando compromiso e vocación pola arbitraxe e polo ciclismo galego.
A súa incorporación supón un reforzo de calidade e futuro para o colectivo arbitral, contribuíndo ao bo desenvolvemento das competicións e ao crecemento do noso deporte.
Desexámoslles unha nova etapa chea de aprendizaxe, ilusión e bo traballo ao servizo do ciclismo en Galicia.
Moitos parabéns!
AVISOS
FORMACIÓN
EVENTOS
EVENTOS
AVISOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es